Festas do Santiago Apóstolo e Santa Ana en Catasós

Festas do Santiago Apóstolo e Santa Ana en Catasós

A parroquia lalinense de Catasós celebrará o Santiago Apóstolo e Santa Ana entre o luns 24 e o mércores 26 de xullo. O luns pola noite haberá unha verbena a cargo do trío Carpediem e do dúo La Hora Bruja.

O martes celebraráse unha misa ás 13.00h. Plácido Gaiteiros acompañará á procesión. Ao remate da misa será a sesión vermú a cargo do dúo La Hora Bruja. Pola noite, verbena a cargo de Fusión Latina.

O mércores oficiaráse unha misa ás 13.00h e Plácido Gaiteiros voltará a acompañar a procesión.

Comentarios

Deixar un comentario