Taboada festexa o Santiago Apóstolo, a Virxe do Carme e Santa Ana

Taboada festexa o Santiago Apóstolo, a Virxe do Carme e Santa Ana

Taboada (Silleda) estará de festas entre o luns 24 e o mércores 26. O luns haberá unha verbena a cargo da Orquesta Metrópolis e da Macrodisco Chocolate.

O martes ás 13.00h celebraráse unha misa na honra de Santiago Apóstolo. Ao remate desta haberá unha macrosesión vermú a cargo da charanga Ardores e do DJ Marcos Kintana. Pola noite, volverá a actuar a charanga Ardores, esta vez acompañada do dúo Aires de Broña.

O mércores oficiaráse ás 13.00h unha misa na honra da Virxe do Carme e de Santa Ana. Sin Son Gaiteiros amenizará a sesión vermú.

Comentarios

Deixar un comentario