A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.
No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).
En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).

Deixar un comentario