RESULTADOS EN DIRECTO
Ábrense dous escenarios: ou goberna o PSOE ou repítense eleccións, a non ser que ou PP ou PSOE apoie ao contrario.
00.33 O 23X EN GALICIA
O PP gaña 3 escanos que perde o PSOE, Sumar faise co escano de Unidas Podemos e o BNG mantense. Pontón anunciou que colaboraría nun goberno de coalición de esquerdas.
00.28 172 CONTRA 171: O GOBERNO DE ESPAÑA DEPENDE DE JUNTS
Os resultados dos comicios foron moi axustados: o bloque de coalición suma 172 escanos e, o de dereita, 171. No medio, 6 escanos de Junts que poden levarnos a unha repetición electoral.
00.20 FEIJÓO QUERE CAMBIAR A LEI ELECTORAL PARA EVITAR QUE SE CELEBREN ELECCIÓNS EN XULLO E AGOSTO.
00.17 FEIJÓO PÍDELLE AO PSOE, “O PARTIDO QUE PERDEU AS ELECCIÓNS”, QUE LLE DEIXE GOBERNAR
Baséase en que ata o momento “todos os gañadores das eleccións gobernaron”, pese a que nalgunhas autonomías teñen gobernado candidatos do PP sen ter a victoria.
00.09 COMPARECE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO (PP)
Destaca que o PP gaña as eleccións por primeira vez en 7 anos e que o bloque de dereita gañou escanos, algo que o de esquerda “non o fixo”. Anuncia que comezará a negociar para intentar gobernar.
00.07 O NÚCLEO DURO DE FEIJÓO SAE A FESTEXAR
Son a forza máis votada.
00.01 CARAS LONGAS ENTRE OS DE ABASCAL
Perderon 19 escanos e non serán decisivos.
23.56 COMPARECE SANTIAGO ABASCAL (VOX)
Ataca aos medios de comunicación por “demonizar” a VOX e a Alberto Núñez Feijóo por confiarse cando as enquisas lle daban unha clara victoria. Destaca que Feijóo non terá que chamar a VOX para gobernar, senón que terá que chamar a Sánchez, “como el quería”.
23.53 OS SEGUIDORES DOS SOCIALISTAS APODÉRANSE DE LEMAS EMPREGADOS DE FORMA NEGATIVA
Berran “sanchismo” para celebrar a victoria.
23.48 COMPARECE PEDRO SÁNCHEZ (PSOE)
Di que o 29 de maio convocou as eleccións porrque os españois tiñan que decidir “que rumbo tomar” e destaca que “o grupo involucionsta que quería derogar todos os avances destes 4 anos fracasaron”.
23.44 COMPARECE YOLANDA DÍAZ (SUMAR)
Resalta que as enquisas daban unha victoria clara do PP, con gran posibilidade de gobernar.
23.39 COMPARECE ARNALDO OTEGI (EH BILDU)
Festexa o ascenso en número de deputados e senadores.
23.29 COMPARECE MÍRIAM NOGUERAS (JUNTS)
Junts é o partido clave para que Sánchez poida gobernar e avisa que o seu apoio terá un prezo.
23.23 AS MINISTRAS SOCIALISTAS BAILAN AO RITMO DE ROSALÍA MENTRAS SE ESTÁ MONTANDO O ESCENARIO EN FERRAZ.
23.20 COMPARECE ANDONI ORTUZAR, PRESIDENTE DO PNV
Di que cumpliron o obxectivo de ter grupo parlamentario propio, o que axudará a defender os seus intereses en Madrid.
23.17 MÚSICA E FESTA EN FERRAZ
23.13 O PP RECLAMARÁ O SEU DEREITO A GOBERNAR POR SER A PRIMEIRA FORZA
23.06 COMPARECE GABRIEL RUFIÁN (ERC)
Refírese á perda de 6 escanos dicindo “que foron as eleccións españolas máis españolas” e que os resultados non eran os agardados. Ademais anunciou que o seu apoio a Sánchez terá un prezo a pagar.
20.09 UN GOBERNO DE DEREITAS, ÚNICA OPCIÓN POSIBLE SEGUNDO O SONDEO DE GAD3
O sondeo de GAD3 mostra como único escenario posible unha coalición PP+VOX para poder gobernar. Xuntos sumarían 181 escanos, superando os 176 necesarios para gobernar.
20.02 O PP GAÑARÍA SEGUNDO A ENQUISA DE SIGMADOS
Alberto Núñez Feijóo sería quen gañaría os comicios con entre 145 e 150 escanos. Só, no mellor dos casos darían gobernado con VOX superando nun dos escanos a maioría absoluta.
20.00 PECHAN OS COLEXIOS ELECTORAIS
18.42
AGOLADA ENCABEZA A PARTICIPACIÓN EN DEZA E TABEIRÓS-TERRA DE MONTES
O concello dezano de Agolada continúa encabezando a participación nas comarcas. O dato ás 18 horas sitúase no 62,68% (+9,96 puntos respecto as últimas eleccións). En Lalín a participación atópase no 56,57% (+2,75), en Silleda no 56,73% (+4,21), en Vila de Cruces no 58,31% (+7,87), en Dozón no 55,43% (+8,66) e, en Rodeiro, no 58,24% (+8,24).
En Tabeirós-Terra de Montes quen lidera é Cerdedo-Cotobade cun 60,24% (+3,24), seguido da Estrada cun 57,8% (+3,43) e Forcarei, no que votou un 56,07% dos electores (+2,23).
18.37 A PARTICIPACIÓN EN ESPAÑA SITÚASE NO 53,12%
A participación ás 18h en España finalmente sitúase no 53,12%, 3’73 puntos menos que nas eleccións de 2019. En Galicia douse o caso contrario: a participación ascendeu 2,7 puntos respecto ao 10N ata situarse no 55,96%.
18.04 BAIXA A PARTICIPACIÓN EN ESPAÑA E SUBE EN GALICIA
A participación ás 18 horas en España baixou respecto ás eleccións de 2019. O dato sitúase no 52,01%, 4’84 puntos menos. En Galicia subeu 2,5 puntos ata situarse no 55,91%. Este dato aínda pode variar.
17.06
Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas
A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra…
Seguir lendo14.42 AUMENTA CONSIDERABLEMENTE A PARTICIPACIÓN
11.42 Estas son as primeiras Eleccións Xerais para 1.639.363 españois.
11.27
A quen votar este 23X
Este domingo 23 de xullo celébranse comicios estatais en España. Dependendo de en que provincias vivas poderás votar a uns partidos distintos que en…
Ler artigo11.08 O primeiro titular da xornada é que o 100% das mesas están consituídas.

11.06 Arrancamos a cobertura especial de PHDnoticias polas eleccións xerais en España.


Deixar un comentario