Esta fin de semana celebraráse a XLV Festa do Escalo no Coto de Couso (A Estrada). O venres 4 a Comisión de Festas abrirá a cantina.
O sábado 5 verificaránse as carretas que participarán no II Rallymix de Carretas entre as 18 e as 19h para que, despois, dea inicio. Ás 21.00h haberá unha degustación de porco á brasa gratuíta e, a posteriori, dará inicio a verbena a cargo de Punto Zero.
O domingo 6 será o día grande da festa cunha nova edición da Festa do Escalo. Entre ás 9.00 e as 10.00 os pescadores deberán inscribisrse. Ao remate da inscrición, dará inicio a primeira manga do concurso, que finalizará ás 13.00h. Ás 13.30h dará inicio a sesión vermú a cargo dos Pereiriños. A segundaa manga do concurso comezará ás 16.00h e rematará ás 19.00h. Por último, os premios entregaránse ás 20.00h. Ademais, durante todo o día poderá degustarse escalos e pementos de forma gratuíta.
II Rallymix de Carretas
Para inscribirse ao rallymix hai que enviar un WhatsApp ao 652 232 119 e é necesario ser maior de idade. A inscrición custa 20€ por parella. As carretas deben ser dunha soa roda e é obritorio empregar casco.
Nesta edición repartiránse 4 premios: as tres mellores parellas recibirán 400€, 200€ e unha carreta máxica, respectivamente, e a parella que teña a carreta mellor tuneada e os compoñentes estean mellor disfrazados, recibirán o premio especial de 100€.


Deixar un comentario