PHDnoticias ven de rexistrar, sen lugar a dúbidas, o mellor mes da súa historia. A web, principal servizo do xornal, recibiu un total de 12.521 visitas, máis dun 2.000% máis que desde que se creara a web ata o pasado xuño. O groso das visitas foron procedentes de España (11.974), pero tamén houbo de moitos outros países de todos os continentes.
As festas e a nosa sección de Dnuncia son as que máis visitas tiveron, aínda que tamén aparecen no Top10 o intento de secuestro a unha menor en Teo, o accidente dun ciclista na Estrada e a aparición de 5 gatiños dentro dun colector do lixo.
En YouTube tamén houbo vos resultados pese á escasa publicación de contido: o short sobre a vaga de incendios no Mediterráneo convertiuse no segundo vídeo máis visto, quedando só por detrás da victoria de Mimicat no Festival da Canção.


Deixar un comentario