O PSOE da Estrada fixo públicos dous documentos nos que se lle solicita ao Goberno local melloras nos asfaltados en San Andrés de Vea.
No primeiro documento menciónase que no lugar de Paramá existe unha vivenda na que, se non se rebaixa o nivel da vía antes de asfaltar, o seu portal “quedaría inutilizable” dado que xa “ten un desnivel significativo” e, ao asfaltar, a altura da vía aínda sería maior. Amais, tamén se solicita o arranxo das canalizacións de pluviais da pista “a fin de que a auga discorra por elas e non invada a entrada das casas”.
No segundo decumento exponse que a única pista que dá acceso ao lugar de Cardelle está en mal estado, polo que se solicita que se inclúa esa pista no vindeiro proxecto de asfaltados.

Deixar un comentario