O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas

O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas

O líder do PSOE na Estrada, Luis López Bueno, denunciou o mal estado de conservación das zonas de baño públicas no concello. López Bueno asegura que atópanse descoidadas e bota en falta “actuacións prometidas unha e outra vez polo PP local”.

Segundo o líder socialista, nas pincinas estánse despegando as pezas de gresite do vaso principal que se arranxaran hai pouco. Amais, critica o estado da zona de xogo infantil, que ten todos os elementos – incluído o valado perimetral – en mal estado, e a existencia de duchas precintadas.

López Bueno tamén se desprazou ata a praia fluvial de Liñares, onde comentou que os baños atópanse “nunha situación de dubidosa salubridade, por ser amables co PP”. Tamén lamentou a existencia de xogos infantís precintados pola Policía Local e dun tobogán que non cumpre a normativa.

O socialista lamentou que non chegaran as melloras anunciadas á praia fluvial e ás piscinas municipais e calcula que A Praíña, en Couso, e O Areal, en Berres, reciben uns 1.000 usuarios ao día, mentras que nas instalacións municipais “apenas chegan a 150”. Bueno atribúe estas malas cifras á “devaluación continua” dos espazos do baño de xestión municipal por falta de mantemento.

Comentarios

Deixar un comentario