A liga de inverno da Estrada Tennis League comezará en setembro

A liga de inverno da Estrada Tennis League comezará en setembro
Na fase regular da liga os participantes terán que poñerse de acordo para decidir a sede dos seus partidos.
Consulte aquí toda a información sobre a ETL

A Estrada Tennis League (ETL polas súas siglas) resolveu na xornada deste xoves algunhas preguntas frecuentes que están a recibir.

A primeira pregunta que resolveron ten que ver coas datas nas que se van a celebrar os partidos. Tal e como contaron, a liga de inverno comezará en setembro coa fase regular, que rematará en decembro, e os playoffs xogaránse en xaneiro de 2024. A fase regular da liga de primavera dará inicio en febreiro e rematará en maio. Os playoffs de dita liga serán en xuño. Cabe destacar que xogar unha liga non obriga a xogar a outra dado que ambas son independentes da outra.

Na fase regular xogaránse entre 7 e 9 partidos, en función do número de inscritos que haxa.

Tamén avanzaron que os playoffs xogaránse íntegros no concello da Estrada, aínda que para a fase regular a organización dará vía libre para que os participantes elixan a sede de cada un dos seus partidos, sempre e cando se poñan de acordo co seu rival. En caso de non poñerse de acordo os tenistas, sería a organización quen elixiría a sede.

Por último, comentaron algo que xa avanzaran a PHDnoticias: que non hai limitacións de idade e que, dependendo da cantidade de rapaces interesados que haxa, poderíase crear unha categoría junior. Amais de non haber limitación de idade non hai limitación de sexo dado que “esta liga é para tod@s”.

Comentarios

Deixar un comentario