A comarca estará en aviso polas altas temperaturas

A comarca estará en aviso polas altas temperaturas
Previsión: Avisos por calor en Galicia

A vaga de calor que afecta a toda a península deixaráse notar tamén en Tabeirós-Terra de Montes con avisos polas altas temperaturas mañá martes. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), nalgúns puntos do interior da provincia poderíanse superar os 36º.

Na Estrada hoxe alcanzaránse os 33º e, mañá, os 35. En Cerdedo-Cotobade os mercurios marcarán os 32 e 33 graos, respectivamente e, en Forcarei, os 31 e 33º. O mércores produciráse un descenso térmico.

Comentarios

Deixar un comentario