O prazo remata o 6 de setembro.
O Concello da Estrada abriu hoxe o prazo para pedir axudas para material escolar para alumnos da segunda etapa de infantil e para o servizo de comedor para o alumnado da segunda etapa de infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
A cuantía das axudas de material para o alumnado da segunda etapa de Educación Infantil é de 100€ por alumno. As axudas adicadas ao servizo de comedor cubrirán entre un 35 e un 100% do gasto.
Todos os detalles están publicados nas bases das axudas e, para solicitalas, hai que cubrir os diferentes documentos que se atopan na web do Concello. Pódense presentar no propio edificio da administración local ou a través da sede electrónica ata o 6 de setembro.
Deixar un comentario