Adxudicado o acondicionamento dunha fachada do Novo Mercado

Adxudicado o acondicionamento dunha fachada do Novo Mercado
Tamén se arranxará a cuberta do edificio de Emerxencias

O Concello da Estrada adxudicou por 29.428 euros a Construcciones Cuntis o arranxo da cuberta do edificio de Emerxencias en Toedo e o acondicionamento dunha das fachadas do Novo Mercado. Na base de Emerxencias preténdese solucionar un problema que arrastran desde hai tempo: as filtracións e humidades. No caso do Novo Mercado, a obra realizaráse na fachada da Rúa Padrón.

Amais, o Concello adxudicou por 39.000 euros as obras de acondicionamento dos accesos aos núcleos de Montillón de Arriba e Montillón de Abaixo, en Souto.

Comentarios

Deixar un comentario