Terá oito aeroxeradores
A Xunta de Galicia somete desde hoxe a información pública a construción do parque eólico Monte Xesteiros na Estrada. Os eólicos situaránse na zona de San Andrés de Vea, San Xurxo de Vea e Frades.

Dito parque solicitouno a empresa Norvento S.L., terá unha potencia de 33MW e a produción anual estímase en 126.434MWh. Construiránse oito aeroxeradores de ata 6100kW de potencia unitaria, de ata 158 metros de diámetro de rotor e altura de buxeiro de 114 metros. Amais, no interior de cada aeroxerador haberá un centro de transformación nominal. Tamén se construirá unha subestación transformadora e unha torre meteorolóxica de ata 114 metros de altura.
Na páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación pódense consultar todos os documentos. O prazo para aportar achegas e opinións remata o 22 de setembro.


Deixar un comentario