Reducen a un home por alterar a orde pública no centro da Estrada

O pasado xoves 10 a Garda Civil e a Policía Local reduciron a un home no casco urbano da Estrada por alteración da orde pública. O servizo de policía foi alertado por varios transeúntes de que un home estaba cantando e insultando aos clientes dos bares da Rúa Serafín Pazo e, posteriormente, de que estaba xerando altercados na intersección de dita rúa con Calvo Sotelo.

Cando se achegou a patrulla de policía asegurou que el non se metera con ninguén e que estaba de festa, amais de que “todo o pobo da Estrada débeme cartos”. Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Garda Civil que comprobou que o home estaba baixo os efectos do alcol e das drogas, polo que optaron por reducilo e chamar a unha ambulancia para o seu posterior traslado ao hospital.

Comentarios

Deixar un comentario