Soutelo de Montes, en Forcarei, terá tres días de festa na honra de San Roque e da Virxe do Carme.
As festas arrancarán o martes 15 cunha churrascada veciñal no Pavillón Municipal a partir das 21.30h. O prazo para reservar remata o luns 14. A partir das 23.00h, os DJs Javi Méndez e Manu Loira.
O mércores 16 o pasarrúas matutino correrá a cargo dos Trazantes de Tenorio. Ás 13.00h oficiaráse unha misa e ás 18.00h celebraráse a Festa da Espuma no Parque Venezuela. Media hora despois, a Charanga Charandonga animará as rúas e, a partir das 23.00h, Furia Joven e Platinum farán o correspondente na verbena. Á 1.30 da madrugada poderánse gañar 300 euros nun sorteo de rifas.
O xoves 17, último día de troula, Os Abrentes de Cerdedo amenizarán o pasarrúas. A misa volverá a ser ás 13.00h e, ás 19.15h, celebraráse un espectáculo familiar. Ás 23.00h dará inicio a última verbena, neste caso a cargo de Triunfo e do DJ Santi Mix.

Deixar un comentario