Unha manta eléctrica enchufada sobre unha banqueta provocou na tarde deste sábado 12 un conato de incendio no terceiro K do número 6 da Rúa Rosalía de Castro da Estrada. Dado que a vivenda levaba un tempo desocupada, foron os veciños os que alertaron aos servizos de Emerxencias ao detectar fume no edificio.
A rápida actuación permitiu que o incendio non fose a máis, xa que na vivenda había unha gran cantidade de roupa e libros, materiais combustibles. Para acceder foi necesario forzar a porta.
Procedeuse a realizar ventilación exterior e ao precintado da vivenda, así como a avisar aos propietarios – que neste momento non residen na Estrada – do sucedido.

Deixar un comentario