Este sábado 19 Soutelo de Montes, en Forcarei, celebrará a 44ª edición da Festa do Gaiteiro. Ás 11.30h haberá un pasarrúas a cargo dos Abrentes de Cerdedo. Ás 13.00h, será o turno do pregón, das mans de Andrea Porto, actriz e poeta, e a posterior ofrenda floral. Ás 13.45h será a sesión vermú con Os D’Aquí. 15 minutos despois dará incio o xantar na Carballeira. Ás 17.00h actuará o cuarteto Lajhareu e, ás 20.30h, será o espectáculo Xoldra na Eira coa Banda de Gaitas de Forcarei e a Banda de Música en Silleda.


Deixar un comentario