O lugar de Vilanova, en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) festexará o vindeiro venres 18 e o sábado 19 as súas festas na honra da Virxe de Fátima. Na noite do venres actuarán Tania Veiras e o DJ Tito Maverik da Disco Móvil Chocolate. O sábado arrancará cunha tirada de bombas e o pasarrúas a cargo da Charanga Charandonga. Ás 13.00h será a misa cantada, que terá unha procesión acompañada pola Banda Militar da Brilat. A Charanga Charandonga amenizará a sesión vermú e, as orquestas Fuego e Origen, a verbena.


Deixar un comentario