Actos vandálicos na Estación de Autobuses

A parte traseira da Estación de Autobuses da Estrada foi vítima na xornada de onte de actos vandálicos. Tal e como relatan desde Ocionautas, estábase realizando unha actividade de Magic – un xogo de cartas – cando tiveron que informar a uns mozos de que alí non se podía nin fumar nin beber, polo que tiñan que abandonar a zona. Os mozos trasladáronse ata os bancos nos que habitualmente agárdase polo autobús. Ao remate da actividade, os membros da asociación xuvenil foron buscar a merenda e, ao regresar, atopáronse cun incendio nunha papeleira e danos nun trampolín, nun cristal e nunha parede.

Na xornada de hoxe van denunciar estes actos e volverán a pedir no Concello que lles poñan medidas de seguridade, xa que non ten nin peche, nin alarma nin seguridade. Amais, lamentan que nos dez anos de uso da Estación sexan víctimas frecuentemente de actos vandálicos.

Comentarios

Deixar un comentario