O BNG critica o deixamento do PP nas rúas da Estrada

O BNG critica o deixamento do PP nas rúas da Estrada

O BNG da Estrada criticou “o desleixo do goberno municipal cara a imace e o coidado do pobo” e cren que “un indicativo de que ao PP lle costa ata facer o mínimo pola nosa vila”.

Para demostrar as acusacións, comentan que os colectores do lixo desprenden cheiros e que a suciedade acumúlase neles, “dando unha imaxe nefasta moi desagradable”. Tamén comentaron que na Rúa Gradín as beirarrúas están en mal estado; os bolardos, caídos e, o pavimento, con baches.

O partido nacionalista reclama a limpeza de todos os colectores e do mobiliario público e a reparación ou substitución dos que están en mal estado na vila e nas aldeas.

Comentarios

Deixar un comentario