Cal é a orixe da Estrada?

Cal é a orixe da Estrada?

Cando falamos da Estrada podemos falar da vila ou do concello, ambos na provincia de Pontevedra e capital da comarca de Tabeirós-Terra de Montes. A vila da Estrada en 1836 era unha pequena aldea de 6 casas situadas nun cruce de camiños polo que pasaban peregrinos dirección a Santiago ou outras persoas que querían ir a Cuntis ou á Arousa.

O nome A Estrada pode ter a súa orixe en que antigamente estrábanse* as corredoiras* en inverno pola cantidade de lama que había nelas ou en referencia a rúas empedradas, aínda que este último caso é menos probable.

  • Estrar: Estender toxo, palla etc., en [o lugar onde comen ou dormen os animais] para mantelos secos e, ao mesmo tempo, que fagan esterco.
  • Corredoira: Camiño de carro.

Definicións: RAG

En 1837 as circunscripcións de Tabeirós, Codeseda, Vega e Oca, Viso e Vea uníronse no ‘Ayuntamiento de Cereijo’ que, por movementos revolucionarios no 1840, pasou a ser Concello da Estrada. Este concello chegou a ser dos máis poboados de Galicia, con máis de 26.000 habitantes, pero actualmente loita para non baixar dos 20.000.

Outro xeito de contar a historia do concello é esta canción de Plan Siberia, grupo da localidade.

Comentarios

Deixar un comentario