A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazaráse mañá venres e o sábado ata a Praza do Concello da Estrada. Na xornada de mañá estará en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00h e, na do sábado, de 10.00 a 15.00h.
O tipo de sangue que máis se necesitan son o A+ e o 0-, seguido do A-, 0+ e B+. Lembre que para doar pola mañá debe almorzar primeiro e, se acude despois de xantar, ten que agardar dúas horas. Se é a primeira vez que vai a doar debe identificarse co DNI, pasaporte ou permiso de conducir e, se xa está rexistrado na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), só terá que mostrar o carné de doante.

Deixar un comentario