Viascón celebra San Antón e a Virxe de Lourdes

Viascón celebra San Antón e a Virxe de Lourdes

Viascón, en Cerdedo-Cotobade, celebrará a vindeira fin de semana as súas festas na honra de San Antón e da Virxe de Lourdes. Serán tres días de festa que comezarán o venres 25 cunha verbena coa Orquesta Triunfo e o Trío Tic Tac.

O sábado 26 haberá unha misa solemne ás 13.00h para honrar a San Antón. A posteriori, a Charanga OT amenizará a sesión vermú. Pola noite, a verbena correrá a cargo do Trío Soprano e da Disco Móbil Dolce Vita.

O domingo 27 homenaxearáse á Virxe de Lourdes cunha misa ás 13.00h. A procesión será musicada pola Banda de Música de Cerdedo. A partir das 17.00h haberá hinchables e música para os rapaces e, se as reservas de auga o permiten, festa da escuma.

Comentarios

Deixar un comentario