O Movemento Veciñal Estradense (Móvete) pediulle ao goberno local que demostre “un maior compromiso co mantemento das zonas verdes municipais, empezando pola carballeira da zona deportiva”. Para iso, recalcou a edil do partido Mar Blanco Casais, hai que elaborar un plan de mantemento das zonas verdes existentes, “antes de pensar en adquirir terreos para facerse coa totalidade dos 190.000 metros cadrados que se necesitarían para crear o prometido gran parque exterior da Estrada”. Desde a formación local cren que a carballeira poderíase converter nun espazo para que xoguen os rapaces e se celebren actividades culturais.
Tamén criticaron o mal estado das rutas creadas para camiñar por fóra da vila hai dous anos, nas que a maleza ocultou camiños e algúns dos sinais indicativos do camiño perdéronse.

Deixar un comentario