5 días de festa das Dores en Forcarei

5 días de festa das Dores en Forcarei

Forcarei terá 5 días de festas das Dores. Os actos festivos comezarán o xoves 24 coas tradicionais Festas do Porquiño e da Pita, unhas reunións de homes e mulleres, respectivamente.

O venres 25 haberá unha verbena a partir das 22.30h con Los Juais e DJ Houses.

O sábado 26 haberá un pasarrúas polas rúas da localidade e polas parroquias da man de Os D’Aquí. A partir das 17.00h os pequenos da casa desfrutarán de hinchables e dunha festa da escuma na Rúa Chano Piñeiro. Ás 18.00h, a Banda de Música de Forcarei dará un concerto na Rúa Progreso e, á noite, a orquesta Salsarena e o grupo Mar d’Arousa amenizarán a verbena.

O domingo 27 oficiaráse unha misa rezada ás 10.00 e unha misa solemne ás 12.30h. A procesión estará acompañada polos tradicionais xigantes e a Banda de Gaitas de Forcarei realizará un pasarrúas e dará un concerto. A partir das 18.00h a maioría dos actos levaránse a cabo na contorna da Igrexa: primeiro un espectáculo de maxia a cargo de Aturuxo na praza do edificio; ás 19.00h, no interior do templo actuarán a Camerata Arven e Anna Mélikhova. Os Charanghaitos animarán as rúas da localidade a partir das 19.30h. Pola noite, verbena a cargo de Marta Doviro e a orquesta Galilea. A medianoite lanzaránse fogos de artificio.

O luns 28, festivo local, haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Forcarei e misa na honra a San Roque ás 12.30h.

Cartaz das festas

Comentarios

Deixar un comentario