Domingo comezan os Milagres de Requián

Domingo comezan os Milagres de Requián
A celebración relixiosa contará con grandes orquestas para as verbenas.

O vindeiro domingo 27 dará inicio a Romaría dos Milagres de Requián (A Estrada). Ese día ás 22.00h haberá unha verbena a cargo do dúo Matices.

O luns 28 é o día dos Milagres. A xornada arrancará con misas a partir das 8.00h. A misa das 11.00h oficiaráse en galego e, a das 13.00h, será solemne. De 16.15 a 17.45h actuará a orquesta Magos. Ás 18.00h, 19.00h e 20.00h celebraránse misas rezadas e, a partir das 21.30h, haberá unha verbena amenizada polas orquestas Magos e Atenas.

O martes 29, día da Nosa Señora Piedade, oficiaráse unha misa ás 13.00h seguida dunha procesión e da sesión vermú, que amenizará o dúo Matices. Ás 22.00h, as orquestas Finisterre e New York poñerán punto e final a esta edición dos Milagres de Requián.

Comentarios

Deixar un comentario