Hai moitos casos de explotación laboral e, xunto a iso, a posibilidade de denunciala. Ao longo deste artigo explicarémosche como facelo.
- Que é a explotación laboral?
- Como denunciar?
- Quen pode denunciar
- Cales son os prazos para presentar a denuncia?
Que é a explotación laboral?
Para comezar miremos o contrato: fas máis horas das que non aparecen nel e cobras como se non as fixeras? Directamente, cobras menos do marcado no documento? Tes que facer tarefas que non se corresponden coas do contrato? Se a resposta é afirmativa lamentablemente estás sendo explotado.
Como denunciar?
Ao contrario de cando presentamos outro tipo de demanda, no caso das denuncias por explotación laboral non é necesario pasar por un acto de conciliación. Para denunciar podemos elixir entre catro vías diferentes:
- Representantes de empresa: É o paso que se recomenda para dar primeiro, se é que traballas nunha empresa o suficientemente grande como para ter un comité de empresa, delegados sindicais ou delegados de empresa. Estes pódente axudar a solucionalo de forma interna, ou indo polo sindicato.
- Buzón de loita contra a fraude laboral: Desde o Ministerio de Emprego puxeron en marcha unha web desde a que se pode denunciar de forma completamente anónima os casos de explotación laboral. Por desgraza, ao denunciar de forma anónima, non poderemos facer un seguemento do caso.
- Inspección de Traballo: Para presentar a denuncia é necesario identificarse, pero tranquilidade, o empresario non se vai enterar quen o denunciou, pois os inspectores e subinspectores están obrigados a manter o segredo.
- Tribunais: Estaba claro que unha forma de denunciar é nun xulgado. Ten en conta que se denuncias en Inspección de Traballo e nos Tribunais, a primeira paralizaráse ata que un xuíz resolva a situación.
Buzón de loita contra a fraude laboral
Esta forma é moi fácil. Primeiro temos que acceder á web que puxo en marcha o Ministerio de Emprego para estes casos. A continuación pulsamos onde pon FORMULARIO e cubrímolo. Tras isto, enviamos.

Inspección de Traballo e Tribunais
Para ambos casos deberemos presentar un formulario no que se recollan os seguintes datos:
- Datos de identificación do denunciante, incluíndo teléfono de contacto e firma.
- Os feitos presuntamente constitutivos de sanción (neste caso explotación laboral), detallando da forma máis clara posible os motivos de denuncia.
- Data e lugar na que se produciron os feitos.
- Identificación dos presuntos responsables, sinalando ao empregador ou empresario ao que se denuncia.
- Outras circunstancias relevantes.
O escrito podemos presentalo de forma presencial nos rexistros das Inspeccións de Traballo e Seguridade Social (ITSS) ou nos rexistros dos demais órganos da Administración do Estado e das Comunidades Autónomas; de forma telemática a través da Sede Electrónica do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, para o que é necesario o certificado dixital; ou de forma postal á correspondente ITSS acompañado do DNI e da autorización expresa que da este para que Inspección poida presentar os seus datos. Tamén se pode presental nun xulgado.
Quen pode denunciar
Pode denunciar calquera traballador, independientemente da súa xornada laboral, tipo de contrato etc., sempre e cando sexa testigo dalgún tipo de infracción laboral.
Cales son os prazos para presentar a denuncia?
Non existen prazos, a única limitación é que se producira ou se siga producindo. Unha vez presentada a denuncia, seguiránse os prazos habituais da Administración e dos órganos xurisdicionais.
En caso de ser por un cambio sustancial das condicións laborais (aumento de horas, cambio de centro de traballo etc.), o prazo para presentar a denuncia é de 20 días hábiles desde que se comunicou ou entrou en vigor a modificación.


Deixar un comentario