O sinistro produciuse ao lado do Concello, lugar habitual de accidentes deste tipo.

Un home de 86 anos de idade faleceu na tarde deste martes 22 ao ser atropelado por unha camioneta na Avenida Benito Vigo na Estrada. O sinistro produciuse á altura da Casa do Concello sobre as 17.25h. Ao parecer, a vítima estaba cruzando o paso de peóns sito en dito lugar cando foi atropelado pola camioneta de transporte de animais vivos, que circulaba en sentido Pontevedra. O condutor do vehículo ía acompañado dun menor de idade e, tras o impacto, arrastrou a vítima varios metros.
Os testigos alertaron ao 112 e no lugar do sinistro presentáronse a Policía Local, a Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo André de Vea e equipos médicos e de emerxencias, aínda que non puideron facer nada por salvar a súa vida.
O BNG e o PSOE trasladaron o seu pésame á familia do falecido.
Non é a primeira vez que se producen sinistros deste mesmo tipo no lugar, pois trátase dun paso de peóns desdibuxado e sen semáforo, e no que o sol pode cegar aos condutores.
Imaxe de portada:
Estado da camioneta // AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PARAMÁ SANTO ANDRÉ DE VEA.


Deixar un comentario