A xunta de goberno reunida o pasado luns aprobou o expediente de contratación para a realización de melloras a catro núcleos rurais da Estrada. Os lugares nos que se van acometer obras son Vinseiro e Vis de Baixetes, en Vinseiro; Sorribas, en Agar; e O Tallo, en Ouzande. Segundo as previsións do Concello as obras realizaránse nos vindeiros meses.
Deixar un comentario