Celebrará a segunda edición do exitoso Ouzande Rock.
A parroquia estradense de Ouzande festexará o vindeiro sábado 9 de setembro a segunda edición do Ouzande Rock. Este festival formará parte das festas do Socorro, que se celebrarán esa mesma semana, e comezará ás 21.00h no Campo da Festa. As formacións convidadas son: Eskravos, Rastreiros, Marela, Búfalo Vil, Kambotes e Desguazed.
A primeira edición, celebrada o ano pasado, fora todo un éxito. Nel actuaran Deleiba, Kambotes, Os Jonh Deeres, Apocalypso, Noxo e Skanderani e as actuacións adicáronse ao ouzandés Carlos Porto, membro dunha das agrupacións que actuaba, porque sufrira un grave accidente do que se estaba a recuperar.

Deixar un comentario