Un home de 55 anos de idade e residente en Meis foi detido pola Garda Civil por violar a unha amiga súa. A violación produciuse na vivenda na que reside a vítima no concello da Estrada. Segundo a Benemérita, o detido está acusado dun delito de agresión sexual e doutro de furto leve.
Foi a propia vítima quen denunciou os feitos o pasado 16 de agosto. Segundo relatou, o día anterior o seu amigo aproveitou que estaban sós na vivenda para tirala enriba da cama e violala. Tras cometer a violación, marchou da vivenda levando o móbil propiedade da muller.
O home foi posto a disposición xudicial do xulgado de garda da Estrada, onde decretaron a súa liberdade provisional con cargos, á espera do xuízo.

Deixar un comentario