Luis Rubiales non vai dimitir

Luis Rubiales non vai dimitir

O Presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, anunciou esta mañá que non vai dimitir tras o escándalo sobre o bico a Jenni Hermoso na celebración do Mundial. Tal e como relatou, o bico foi “espontáneo, mutuo e consentido”, desmentindo as afirmacións do “falso feminismo”, que aseguraba que fora “sen consentimento”. Amais, recoñeceu que non fixo ben en realizar dita acción.

Amais, pediu perdón polo xesto que realizou nada mais gañar o Mundial. Con dito xesto, comentou, estáballe dicindo ao adestrador Jorge Vilda “olé os teus ovos”.

Críticas a Sumar, a Tebas e á prensa

Rubiales aproveitou para anunciar medidas legais contra Yolanda Díaz, Ione Belarra, Irene Montero e Pablo Echenique por dicir que o bico non fora consentido.

O Presidente da RFEF criticou a Tebas e aos medios de comunicación por “cometer un asasinato”, o del, dado que, segundo a súa versión, o pico foi consentido.

Apoio a Vilda

Por último, aproveitou a súa comparecencia para realizarlle unha oferta de ampliación de contrato por 4 anos cun aumento de soldo – cifrado en medio millón de euros – ao adestrador da Selección feminina Jorge Vilda.

Comentarios

Deixar un comentario