O Goberno toma medidas tras a non dimisión de Rubiales

O Goberno toma medidas tras a non dimisión de Rubiales
Cales son os prazos para a posible destitución de Rubiales?
Rubiales non vai a dimitir

Víctor Francos, Secretario de Estado de Deportes e Presidente do CSD, compareceu esta tarde para anunciar que o Goberno tomará medidas tras a non dimisión de Luis Rubiales.

Segundo Francos, esta tarde enviaráse ao Tribunal Administrativo de Deportes (TAD) un expediente xustificativo como falta moi grave. Tras isto, o TAD terá que resolver e, se a resolución é afirmativa, o CSD poderá reunirse para suspender a Rubiales das súas funcións. A reunión do TAD, en caso de ser ordinaria, celebraráse o vindeiro xoves, pero Francos pediu que se reúnan de forma extraordinaria o luns. O CSD reuniráse dous días despois da resolución do Tribunal.

O Presidente do CSD tamén comentou que están dispostos a que este caso “sexa o ‘Me Too’ do fútbol español” e que “Rubiales non tiña que atacar, tiña que pedir desculpas”. Amais, afirmou que non fallaron os resortes e que o Goberno non toma este caso como unha provocación. Tamén aproveitou para pedir perdón ás futbolistas, dado que esta non é a situación que terían que estar vivindo tras gañar un Mundial, e á poboación española, polo tempo que leva tomar medidas que un Tribunal as poida tirar abaixo.

Comentarios

Deixar un comentario