A parroquia estradense de San Xurxo de Vea festexará o vindeiro venres 1 de setembro unha nova edición da Noite de Folk. No cartel da edición están as agrupacións locais Os Regatos e Gaiteiros de Barbude, a santiaguesa Ailá e a vilagarciá A Xaiba. Haberá polbo e zona de acampada. Esta edición vai ser o regreso do festival tras o parón pola pandemia.

Deixar un comentario