Na mañá deste sábado produciuse o segundo accidente da semana na N-640 na Estrada. Pasadas as 11 da mañá dous vehículos colisionaron á altura da Panadería A Fogaza. Ata o lugar desprazouse a Policía Local do concello, Emerxencias A Estrada, a Garda Civil de Tráfico de Lalín e a Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo André de Vea. Tamén acudiu ao lugar do sinistro unha ambulancia, pero non foi necesario trasladar á acompañante.
Como se mencionou no inicio desta entrada, este é o segundo accidente na nacional ao seu paso polo concello da Estrada, pois o pasado martes José Luis Penín, un coñecido veciño do concello, faleceu ao ser atropelado nun dos pasos de peóns da estrada no seu tramo urbano.
Imaxe de portada:
Vehículo implicado // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo André de Vea.


Deixar un comentario