O sábado terá lugar a segunda edición do Ouzande Rock.
Ouzande, na Estrada, celebrará os días 9 e 10 as festas do Socorro. Os actos comezarán o sábado 9 coa misa na honra da Virxe do Carme, que se celebrará ás 13.30h, coincidindo coa última misa da novena. A posteriori, a Charanga 112 amenizará a sesión vermú. Á noite, coa compañía do polbo e dunha carpa por se chove, celebraráse a segunda edición do Ouzande Rock.
Relacionado
Ouzande vibrará en setembro a ritmo de rock
Celebrará a segunda edición do exitoso Ouzande Rock. A parroquia estradense de Ouzande festexará o vindeiro sábado 9 de setembro a segunda edición do Ouzande Rock. Este festival formará parte das festas do Socorro, que se celebrarán esa mesma semana, e comezará ás 21.00h no Campo da Festa. As formacións convidadas son: Eskravos, Rastreiros, Marela,…
O domingo a misa oficiaráse á mesma hora que o día anterior. Despois celebraráse a tradicional poxa e, a continuación, actuará a Banda de Música Municipal da Estrada.


Deixar un comentario