Alertan da presenza de “gaivotas asasinas” nas Cíes

Alertan da presenza de “gaivotas asasinas” nas Cíes

A conta de X, anteriormente Twitter, Fodechinchos en Galiza (@FodechinchosG) fíxose eco dunha valoración en TripAdvisor dun visitante das Illas Cíes. O visitante asegura no título da valoración que na illa hai “gaivotas asasinas”. Despois, relata que son unha invasión, rouban a comida (coma se estiveran no Grand Prix) e están por todas partes: na area, nas rochas ou nas árbores. Por último, di que non cren que volvan.

As respostas non se fixeron agardar lembrándolle ao visitante que as gaivotas habitan nas illas. Tamén houbo quen dixo que fora hai unhas semanas e non tivera problema ou quen comentou que lle roubaban o bocadillo no colexio e non tivo problemas.

Nós recomendámoslle ao turista que regrese, pero que se inspire no xa citado concurso de Televisión Española para ir coa vestimenta adecuada e que teña máis coidado para que non lle rouben o ‘bocata’.

Captura de pantalla da proba ‘Gaviotas malotas’ do Grand Prix // RTVE

Comentarios

Deixar un comentario