Serán dous días cheos de actos neste lugar de Codeseda (A Estrada)
O lugar da Grela, en Codeseda (A Estrada) celebrará esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe de Guadalupe.
Os actos comezarán ás 18.00h deste sábado 2 cunha procesión dos santos de Codeseda. Media hora despois sairán a Virxe de Guadalupe da Grela, Santa Rita de San Xorxe de Cereixo, San Juan de Liripio e San Ramón, o Santo dos nenos. En ambos casos estarán acompañados pola Banda de Gaitas de Forcarei. Ás 19.00h os santos atoparánse na Cruz da Grela e, posteriormente, os nenos do catecismo lerán poesías e realizaráse unha ofrenda aos defuntos. Volveráse á Grela e ás 20.00h oficiaráse unha misa cantada. Ao remate desta, entregaránselle os premios aos rapaces que leron as poesías e a xa citada banda dará un concerto. A partir das 21.30h celebraráse unha cea e, unha hora despois (22.30h), comezará a verbena a cargo do dúo Explosión e da disco móbil Dolce Vita.
O domingo oficiaránse misas desde ás 11.00h, sendo a das 13.00 solemne e cantada por Los Támega Charanga e seguida dunha procesión con todos os santos. Á tarde actuará a charanga e, a partir das 17.00h, haberá unha festa infantil.


Deixar un comentario