A formación nacionalista di que o Goberno local pagou máis de 6000€ a dous medios de comunicación autonómicos con tirada local
O BNG da Estrada queixouse de que aínda estean instalados os arcos do alumeado e algunha das luces das pasadas Festas de San Paio celebradas en xuño. Segundo a formación, anunciaron que llo solicitarían á empresa. Nesta mesma liña queixáronse das vaias colocadas na contorna do Campo da Feira.
Amais, anunciaron que onte celebrouse unha comisión sobre a presentación de contas e a moción do BNG pola retransmisión dos plenos. No relacionado coas contas, informou a formación nacionalista, entre o 12 de maio e o 12 de xuño o PP tería pagado 6262€ a dous xornais autonómicos con tirada local no concello “polo saúdo no Salmón ou publicitar a Semana Santa cos nosos impostos e diñeiro público”.
“A isto habería que sumar todas as axudas públicas que o PP lles dou á prensa afín (estimadas en 45 millóns de euros nos trece anos que estivo na Xunta Feijoo)”
BNG da Estrada a través de Facebook
O Bloque denunciou que “o PP de López utilice diñeiro de todas as cidadás, os nosos impostos para facerse publicidade e pagar así as débedas pendentes con aqueles medios que asentan a esta xente no poder”.
Imaxe de portada:
Luces das festas nunha rúa da Estrada // BNG da Estrada


Deixar un comentario