O servizo está adicado ás persoas maiores de 55 anos
O luns 2 e martes 3 de outubro estará na Praza do Concello da Estrada o autobús do servizo Coidados Porta a Porta. Aberto de 9.00 a 20.00h, ofrecerá servixos de podoloxía, revisión auditiva e estimulación de memoria para maiores de 55 anos. A cita previa pode pedirse chamando ao 622 748 253 ou ao 623 546 992.
No relacionado coa estimulación de memoria, realízanse labores de estimulación cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo.
No servizo de podoloxía atopámonos con consultas básicas da especialidade, corte e limpeza das unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas e a valoración do estado xeral do pé.
Por último, na especialidade de audioloxía, haberá consultas básicas, exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.


Deixar un comentario