Acaba de rematar o mes de agosto. Un mes no que esta web recibiu 9662 visitas, un 23% menos que no pasado mes de xullo, que se xustifica por unha menor actividade á hora de publicar (hai que coller vacacións).
Por países de procedencia das visitas, cabe destacar que o ‘Top 5’ de países mantense igual: España á cabeza (este mes foron 9040 visitas), seguida de Estados Unidos (342), Irlanda (143), Suíza (44) e Portugal (18).
No relacionado coas noticias máis vistas si que houbo cambios: no pasado mes o contido que máis destacaba eran as festas e, neste mes, as desgrazas. 7 das 10 noticias máis lidas estiveron relacionadas con violacións, accidentes e incendios forestais, sendo o segundo o que máis recibiu.


Deixar un comentario