Continúa a busca de dous homes desaparecidos na Comunidade de Madrid e dunha muller en Toledo tras as riadas provocadas pola DANA que esta fin de semana afectou a gran parte do país. En Toledo dúas persoas morreron tras quedar atrapadas cos seus vehículos.
En Aldea del Fresno, Madrid, quedaron incomunicados tras derrubarse as pontes que dan acceso á localidade. En Alcanar, en Cataluña, quedaron confinados ao producirse unha importante riada polas rúas da localidade.
Os servizos de transporte víronse moi afectados por culpa das trombas de auga. No servizo de trens, no Corredor do Mediterráneo suspendeuse o tránsito das locomotoras, igual que nas conexións entre Estremadura e Andalucía con Madrid. No metro de Madrid a auga anegou varias liñas.


Deixar un comentario