Morre aos 82 anos María Teresa Campos, a ‘raíña das mañás’

Morre aos 82 anos María Teresa Campos, a ‘raíña das mañás’
Adicou toda a súa vida á radio e á televisión

María Teresa Campos, prestixiosa comunicadora da radio e televisión española, morreu aos 82 anos de idade tras non poder superar unha insufucuencia respiratoria grave.

Nada en Tetuán e criada en Málaga, tivo as súas primeiras aparicións na radio en Radio Juventud de Málaga. Conseguiu converterse nunha voz coñecida na zona e rematou sendo directora dos Servizos Informativos de Radio Cadena Española.

En 1984 desembarcou na televisión, onde presentou Estudio directoLa tarde e Diario de sesiones. Consolidaráse neste medio tras converterse nunha “chica Hermida” no programa Por la mañana. Tras un breve paso por Cadena Ser, regresa a TVE presentando A mi manera.

Despois pasa ás mañás con Pasa la vida, onde se coroou como a “raíña das mañás”. A súa traxectoria continuou en Telecinco con Día a día. Pasa a Antena 3 onde presenta Cada día e Lo que InTeresa. Regresa á cadea de Mediaset para presentar o informativo La mirada crítica e, posteriormente, Qué tiempo tan feliz.

Fixo de defensora da audiencia de Sálvame e rematou rompendo o contrato coa cadea de forma agria, aínda que regresaría para presentar un programa de entrevistas sobre un camión: La Campos Móvil, pero só se emitiu un programa.

Ao longo da súa carreira recibiu dous Premio Ondas (en 1980 e 2003), dúas Antenas de Ouro (1994 e 2000), o TP de Ouro (1999 e 2004), o Micrófono de Ouro (2003), a Medalla de Ouro da Xunta de Andalucía, o Premio Iris a “Toda unha vida” da Academia de TV (2013), o Premio Clara Campoamor, concedido pola Secretaria de Igualdade do PSOE (2007) e a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2017).


Imaxe de portada: María Teresa Campos en Día a día // Mediaset

Comentarios

Deixar un comentario