Damos a coñecer un lugar que opta a ser saída dunha etapa
A Vuelta a España é o gran evento ciclista do país e leva sen pisar Galicia desde 2021, cando tivo a súa última meta en Santiago de Compostela.
2024 pode ser o ano no que regrese á comunidade, terra de grandes etapas polo irregular do terreo. Segundo puido saber este medio, un dos lugares desde o que saia unha das etapas da volta ciclista é Aluminios CORTIZO, en Padrón. CORTIZO é unha empresa fabricante e distribuidora de sistemas de aluminio e PVC para a arquitectura e a industria.
Regreso ás Rías Baixas?
Javier Guillén, director da carreira, asegurou na presentación do evento do 10º aniversario da saída da ronda ciclista de Vilanova de Arousa que “La Vuelta quere volver no 2024 a Galicia” e que “se volve ten que estar nas Rías Baixas, seguro”.
Imaxe de portada:
Primoz Roglic no Obradoiro en 2021 // La Vuelta


Deixar un comentario