O BNG convoca unha charla informativa sobre os eólicos

O BNG convoca unha charla informativa sobre os eólicos
> O BNG critica que se lle ceda o servizo de fibra a Telefónica e non a Estrada Dixital

O BNG convocou para o vindeiro luns 18 unha reunión informativa sobre o parque eólico Monte Xesteiros, que afectará ás parroquias de Santo André de Vea, Frades e Santa Mariña. Na charla, que se celebrará ás 20.30h na escola unitaria de Santo André de Vea, estarán Montse Prado e Luís Bará, deputados no Parlamento Galego. Amais, levarán un modelo de alegación contra o eólico para que asine quen queira.

Cartaz da convocatoria // BNG da Estrada

Imaxe de portada:
Vista dun parque eólico no Monte Cabalar (A Estrada) // Rubén Rosende / PHDnoticias

Comentarios

Unha resposta a “O BNG convoca unha charla informativa sobre os eólicos”

Deixar un comentario