As fortes chuvias deixan balsas de auga na Estrada

As fortes chuvias deixan balsas de auga na Estrada

A tromba de auga que precipitou sobre A Estrada entre as 20.30h e as 21.00h deixou balsas de auga na zona deportiva e na PO-841 á altura do Polígono de Toedo.

Na Rúa do Muíño ardeu un colector do lixo e, na Avenida Benito Vigo, produciuse unha fuga de aceite desde un colector.

Ata todos estes lugares desprazáronse efectivos de Emerxencias, restablecéndose a normalidade tras a súa actuación.


Imaxe de portada:

Balsa de auga na zona deportiva // X / Emerxencias A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario