A parroquia estradense de Toedo celebrará o venres 22 a segunda Festa en Homenaxe a Carlos Barruso e, o sábado 23, a Festa na honra da Virxe das Dores.
O venres haberá unha verbena a cargo da disco móvil Radikal, que contará cos DJs Xavi Villar e Carlos López, e a orquesta Cinema, que contará co tiktoker Mandayo.
O sábado oficiaráse unha misa ás 13.30h cantada polo Coro Parroquial de Santa Cristina de Vea. A seguir, a Banda de Música Cultural da Estrada animará a sesión vermú e, á noite, a orquesta Nueva Era amenizará a verbena.


Deixar un comentario