Serán 6 días de competición
A Estrada acollerá a Adventure Galicia Rally do 25 ao 30 de setembro. Na proba participarán máis dun cento de motoristas. A competición, tal e como anunciara Javier Campos – encargado do traxecto-, contará con 20 quilómetros de prólogo, unha etapa de máis de 200km, tres de máis de 300, e unha última duns 140km.
O 30 de setembro, coincidindo co último día da competición, celebraráse o Xogade coas motos, unha iniciativa na que os rapaces poderán desfrutar das motos.

Deixar un comentario