Veciños de Ribela quéixanse de que lles entra auga nas casas cando chove

Veciños do lugar de Trabadela, en Ribela, queixáronse de que, desde hai varios anos, cando chove con intensidade éntralles a auga nas casas dado que se xunta a auga da pista principal cunha da parcelaria. Amais, apenas hai desaugadoiros e, segundo contan, os poucos que hai están atascados.

Ditos veciños levan desde o inverno pasado pedindo melloras e xa presentaron varias solicitudes no Concello e dixéronlles que o mirarían, pero as solucións aínda non chegaron.

Esta situación podería volver a repetirse esta noite, cando se prevén importantes acumulacións de auga no concello, estando activo un aviso amarelo pola posibilidade de que se acumulen ata 15l/m2 nunha hora, segundo a AEMET.

Comentarios

Deixar un comentario