Os estradenses poderán doar sangue o 29 e 30 de setembro

Os estradenses poderán doar sangue o 29 e 30 de setembro

A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazaráse o venres 29 e o sábado 30 ata a Praza do Concello da Estrada. O venres 29 estará en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00h e, o sábado, de 10.00 a 15.00h.

O tipo de sangue que máis se necesitan son o 0+ e o B+, seguido do A positivo e negativo, 0- e AB-. Lembre que para doar pola mañá debe almorzar primeiro e, se acude despois de xantar, ten que agardar dúas horas. Se é a primeira vez que vai a doar debe identificarse co DNI, pasaporte ou permiso de conducir e, se xa está rexistrado na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), só terá que mostrar o carné de doante.

Comentarios

Deixar un comentario